
Aug 8, 2010
Jul 8, 2010
Jul 2, 2010
Reflexión sobre unha crítica: Feijoó cara Madrid?
Infelizmente, a crítica tamén sofre abusos, sobre todo cando serve como arma hipócrita e demagoga, tanto a un executivo como a unha oposición. Aspirantes a concelleiros ou conselleiros, ou ás veces simplemente comentadores, costuman criticar decisións ou feitos políticos sen análizalos ou reflexionar sobre eles. Critícanse, básicamente, non por ser boas ou mediocres, senón por ser feitas por “estes” ou “aqueles”. Na feroz competencia política entre partidos no noso país non hai tempo nin disposición para un código moral estricto, onde a crítica sexa feita ás ideas inadecuadas para a cidadanía, e non ás persoas por chamarse Xoán ou Pedro –criticar as segundas requer menos traballo e costuma ser mais popular e efectivo nas urnas, ainda que menos fructífero nas obras.
No mesmo ámbito e tendo en mente un tema concreto, chámame a atención unha das críticas ao noso presidente Feijoó, crítica que ten atraído bastante forza nunha parte da opinión pública – e que me parece absurda. A afirmación que flutúa polo ambiente consiste en que Feijoó fai todo o que fai pensando en Madrid, noutras palabras, que Galicia é “unha ferramenta política para proxectar a sua imaxe en Madrid”. Como crítica, non me parece lóxica; como afirmación, diría que oxalá iso fose certo. Sendo que Feijoó traballou toda a súa vida na cousa pública, e muito tempo na política dentro do PP, con sede en Madrid, sería algo totalmente lexítimo que a súa progresión normal sexa esa. Ademais (lonxe de eu saber as intencións do señor Feijoó), creo que calquera de nós que teña un emprego no que hai posibilidades de progresar, tentaría cumprir o seu deber da mellor forma posible, ou sexa, dando o máximo. Un presidente autonómico que non fai os deberes, que non ten unha xestión eficiente, unha lideranza responsable, e un apoio popular sólido, podería pensar en Madrid para outras cousas, pero non certamente para liderar un partido a nivel nacional. O feito de que exista a posibilidade de un líder autonómico aspirar realmente a tornarse o líder nacional na próxima xeración contribúe positivamente a que este se esforce para facer as cousas na súa comunidade non só suficiente ben, senón mellor que ben. Outra cousa é que se consiga ou non, mais ainda así, esa crítica específica non ten razón de ser. Por outro lado, creo que as diverxencias entre Rajoy e Feijoó durante o caso das caixas permitiron ver e comprobar, a quen quixese velo, a autonomía deste último perante a sede da rúa Génova (non foi así co PSG-PSOE).
Quen non ten aspiracións ou obxectivos dese tipo, tal vez sexan os seis alcaldes “populares” na comunidade de Madrid, que, segundo El Mundo, reciben arredor de 100 mil euros brutos anuais. Vai ser que, finalmente, a austeridade de Feijoó sí teña algún valor.
Jun 9, 2010
Homes de Estado e homes de partido
O feito de o deputado subordinarse ao seu partido, prestando contas máis a él que a unha circunscripción, fai que o partido político sexa un dos elementos centrais máis fortes da configuración política no noso país. Daí a importancia que ten que os seus líderes sexan responsables perante o pobo e o Estado, a través de unha boa vocación gobernativa ao servizo da cidadanía, deixando ás veces as doutrinas do programa de partido de lado cando o interese común o requer, tomando así decisións e preferencias que afectan a súa prevalencia no poder. Cando un líder fai isto só cando a presión de colegas estranxeiros é insustentáble, a súa responsabilidade perante o pobo e o Estado fica en cuestión.
Por iso, desgrazadamente vivimos malos tempos para a política (ainda que exista a esperanza de que de grandes retos surxan grandes solucións). Algúns dos académicos mais destacados no último século que se dedicaron ao estudo das teorías da democracia (Schumpeter, Lipset, etc...), coindicían nun punto importante para o funcionamento dunha democracia estable: bos líderes e ben formados, con un sentido de vocación, de servizo público, e de virtude cívica, tanto nos gobernos como nas oposicións, dende onde tamén se contribúe á lexislación.
O cuadro actual non nos mostra moitas destas características. Por un lado, os líderes do executivo pecaron de irresponsabilidade, non só coa política económica que agravou a crise dolorosamente, senón co impulso que deron a certas temáticas mais destructivas que constructivas, que axudaron a fracturar a sociedade e a fraxilizar a democracia. Isto valía para conseguir algúns votos mentres a situación económica era virtualmente positiva. Non sempre foron os temas con contido moral ou fracturante o problema – pois merecen ser debatidos – , polo contrario, foi o tacto co que estes foron tratados polas élites. Por exemplo, un líder da cúpula gubernamental non debería nunca acusar en público a un poder xudiciario independente de franquista. Isto é inconsecuente, incoerente e irresponsable, mais propio de un militante das xuventudes partidarias que de un ministro.
Por outro lado, os líderes da oposición, alén de non saber xerir o debate, acusan tamén unha falta de lideranza sólida, probándose incapaces de afirmarse como unha alternativa completa para os votantes do medio, dos cais depende o resultado eleitoral. As últimas semanas de crise foron unha oportunidade para conectar e enraizarse no público de forma mais natural e duradoura. Non foron capaces tampouco de promover un proxecto mais claro e que chegue a todo o mundo, e defender con mais efectividade os valores da dereita.
Por isto, mentres os presupostos socio-económicos que garanten estabilidade no sistema democrático enfraquecen con esta crise multi-sectorial, os líderes actuais non axudan a equilibrar este defeito. Unha boa lideranza é un pilar fundamental para resolver os problemas que se nos están presentando, non só pola sua eficiencia e o seu trabalho, mais também pola confianza que poden inspirar a unha grande parte dos cidadáns.
Chama a atención, porén, que a semana pasada, o señor José Bono manifestase que o país precisa mais homes de Estado e menos homes de partido (parafraseando unhas declaracións de Durán i Lleida a RNE uns meses atrás), comparando a coraxe de Zapatero coa de Winston Churchill. Desto último só podo dicir que é unha pequena falta de respeito – ou un chiste – á memoria deste líder e aos británicos (despois do “jilipollas integral” que lle dedicou a Blair, Bono non debe ter moitos fans na Inglaterra). Do primeiro, é unha pena que non llo dixera ao seu xefe de partido fai cinco anos, en vez de esperar a chamada de Obama, Merkel e compañía. Aforraríamos mais dun disgusto.
May 21, 2010
Democracia, cultura e lingua
A instrumentalización da lingua galega para dividir a nosa sociedade, históricamente mais ou menos cohesa, é desprezable, tanto en termos prácticos como en termos teóricos.
O amor por Galicia sempre foi levado no corazón de aqueles que sentían un orgullo inexplicable, ás veces irracional, pero que non chegaba a puntos enfermizos, de tal forma que nunca proclamaban por todo o alto que ser galego é ser mellor (cousa que o nacionalismo sí está disposto a facer), ainda que se pensase. O mesmo pasa coa lingua galega. É decepcionante reducir a felicidade de ser galego á lingua galega, porque a naturalidade e a identidade, é moito mais que a lingua, sobre todo cando un quere. Hai certas cousas que son intanxibles, e por iso non se poden materializar nin monopolizar. Como vamos ver, este tipo de intentos, son pésimos para a nosa saúde democrática e social.
Tomar o monopolio ideolóxico sobre un elemento crucial da cultura (pero non único), como o idioma, é un acto irresponsable, moitísimo mais cando é feito de forma consciente. Cando é así, é ademais condenable. O nacionalismo máis rancio e pasado, comete un acto de cinismo cando quere ser o único vehículo de representación da galeguidade. Entre outras cousas porque, a inmensa maioría dos galegos, de momento, non son nacionalistas. En segundo lugar, porque os elementos culturais non beben nin veñen da política. Foron “creados” espontáneamente, polos homes e mulleres que viviron nestas terras por un tempo incontable, e que xeración trás xeración foron mellorando, sofisticándose e evoluíndo ata o que hoxe temos. Esta evolución non sempre tivo que ser feita sen problemas, pero permitiu que nós nos libráramos de cometer erros ou sufrir incomodidades que os nosos antepasados sí cometeron porque non tiñan a información que a nós nos é disponible grazas a eles. A cultura galega é diferente porque foron diferentes as particularidades e os problemas que eles tiveron que confrontar. Por usar unha expresión da filosofía política, a cultura galega foi “un producto feito polo home, pero non do seu deseño”, querendo dicir con isto, que o que temos hoxe non foi unha creación humana intencional, senón evolutiva.
O perigo de apropriarse e comezar unha mini-batalla civil e política sobre os elementos que todos, e digo todos os galegos, compartillamos é precisamente a nosa división, que xa hoxe se comeza a sentir. Se esta apropriación ideolóxica por parte de líderes políticos irresponsables se consuma, e polo tanto, a cultura galega ven dictada de enriba para abaixo (e non ao contrario, como todo proceso espontáneo e libre) a enxeñería social deixa a cultura galega mais fraca e a creación mais limitada e menos pluralista, (des)grazas ao monopolio manipulativo desta.
Os últimos anos, coinciden os estudosos nestes temas, foron pésimos para a nosa lingua. Aparentemente, falábase mais galego na época do governo de Fraga que no seguinte. Isto é revelador de algo, ainda que non poida funcionar como dato exacto, e -polo menos aparentemente- falten estudos verdadeiramente neutros para corroboralo. Pode ser que o proceso de declinio do galego fose causado por outras variables non políticas. O que sí é certo, e se pode dicir sen medo a atragantarse, é que o galego, como lingua, non mellorou nos anos do bipartito. Alén diso, a crispación nalgúns sectores da educación relativamente á dureza da política lingüística, impulsionada fundamentalmente pola Vicepresidencia do bipartito, materializouse na victoria de Feijoó, que nestes días fixo efectivo o decreto que outrora prometera aos electores e que reestablece o equilibrio entre o español e o galego (fifty/fifty), situación parecida, polo menos superficialmente, á anterior ao bipartito, cando o noso idioma era mais usado.
Creo sinceramente que esta política de equilibrio non ataca ao galego por esas mesmas razóns empíricas que demostran xustamente o oposto, e que ademáis deixa un espazo de liberdade que viña sendo ameazado polas políticas nacionalistas concebidas polo bipartito, e que visaban copiar o modelo catalán, no que a comunidade autónoma recadou cerca de 200 mil euros en multas ... por falar español (non esquezamos, por falar español en España). Multar por falar unha lingua oficial do Estado é desprezala (e é facer o mesmo que Franco facía). Baixo presupostos democráticos, non se pode defender unha lingua querida, como é o galego, desde a discriminación e a agresión a outra. Isto non só non soluciona o problema, senón que crea outro peor no ámbito da sociedade civil galega, e que é traducido nun conflicto lamentable entre cidadáns (do que podemos ver as sementes) do que os líderes presentes poden arrepenterse (ou non) nun futuro próximo.
“Semi-milicianizar” a sociedade, incluindo a xuventude galega, intencionalmente ao redor deste asunto é un esaxero que contribue a intensificar e adiantar esas pésimas consecuencias. Se non tiñamos bastante con as dúas (ou tres, ou catro) Españas, non podemos deixar que nos arranquen a liberdade monopolizando a nosa cultura, e ademais, nos dividan en duas Galizas.
A lingua non é, aliás, o único elemento da nosa cultura. É un deles. Un galego na Arxentina é un galego ainda que non fale galego. Un galego é ainda galegocando fala inglés, alemán ou ruso (falar mais idiomas faino un galego mais mundano, no bo sentido). E o que fai a un galego mellor ou peor que outra persoa é a sua individualidade (onde a galeguidade de un se pode manifestar de diferentes formas). Reducir o galego, e a galeguidade, a un, e só un modo de ser, ten un (des)propósito macabro. Podemos lembrar que Franco, ou Hitler, tamén só vían un e só un modo de ser español ou alemán respectivamente, e chegaron a onde fose preciso para eliminar o que fose diferente de aquel modo (é útil lembrar que os dous eran nacionalistas).
Hai unha multitude de cousas que son destacables da galeguidade e que moldaron a nosa cultura, os nosos costumes, e que non podemos negar, por muito que o retro-progresismo provinciano-nacionalista sí o pretenda eliminar. A nosa tradición, da que xa falei antes. Non se pode borrar todo e comezar de cero sen agredir. Pensar que esa forma de "progresar" sería posible non pasaría de un sinistro espexismo. A tradición, e aqueles erros e incomodidades que os nosos antepasados próximos e lonxanos pasaron, contribuiron e contribuen ao noso ben estar. Borrar iso, é igual a comezar os mesmos erros desde cero, nun mundo que cada vez é menos permisivo e mais complexo con este tipo de situacións.
O nacionalismo que se centra na lingua, monopoliza a cultura galega con un orgullo "de fachada" de muitos dos nosos valores, e ignoran ou finxen ignorar que muitas das raízes no noso carácter é cultura teñen raíz católica, elemento que pretenden discriminar, discriminando así a seres humanos, culpables de non ser ateos nacionalistas (ainda que sexan da sua mesma nacionalidade!). As nosas festas, inspiradas en santos ou santas, as romarías, os nosos festivos, certos valores como a humildade e o altruísmo, o amor pola verdade, e ata a forma que temos de reunirmos os domingos en familia son institucións e valores con de un grande e indubidable fondo cristián. A Universidade de Santiago de Compostela (Santiago de Compostela como cidade!, capital “ da “naçom de Breogán”) é outra "creación" de cariz cristiá. E non dubido que os nacionalistas adoran o Xacobeo... A enxeñería social chega a tal punto que estes enxeñeiros, introducidos no noso sistema de educación, eliminan toda referencia relixiosa (obviamente, para eles, a Virxe Maria nin existe nin foi virxe), pero non obstante, fomentan a credulidade nese tal Breogán, que segundo din, foi un emigrante irlandés ao cal lle debemos a nosa cultura. É penoso ver que, grazas a preconceitos malintencionados, aqueles valores son secularizados de tal forma que esquecemos a sua orixe. Non se propón desde aquí unha relixión ou o laicismo (lonxe diso, cada un é responsable de profesar ou non o modo de vida que queira), pero é preciso saber certas cousas antes de atacar indiscriminadamente outras.
Reclámase que a mera razón de que o galego é unha lingua discriminada fai que a mesma deba gozar de ventaxas, e por iso debe ser obrigatorio o seu uso nos centros educativos. O feito de vivirmos nunha democracia (dígase perfecta ou imperfecta, pero definitivamente unha sociedade libre e aberta, ainda que algúns parezan estar vivindo outras décadas pasadas eo outros contribúan seriamente a convertila nunha sociedade tribal) faime pensar que a lingua galega non pode ser discriminada por ningunha autoridade, pois iso sería anticonstitucional (a pesar dos mitos, nunca vin multar a ninguén por falar galego, nin sequera que estivese prohibido, eu o falei sempre que quixen sen problemas). Por outro lado, compensar o seu status de lingua perxudicada forzando e obrigando o seu uso, parece ser mais unha manobra totalitaria, pouco realista e pouco atinada, do punto de vista da sua imaxen no exterior. Unha cousa é que existan mecanismos que fomenten a nosa cultura e a lingua, que sexan ademais integradores (factor democrático), e outra ben distinta é impor eses mecanismos. De feito, desde aquí deféndese un marco onde a sociedade civil, apoiada pola administración pública cando sexa preciso, poida exercer o seu dereito e o seu deber de falar galego sen discriminación. E como somos democráticos, non debemos sancionar por razóns polas que nós non queremos ser sancionados. Cada vez, grazas ao incremento das tecnoloxías de información, temos mais capacidade e mais recursos á nosa disposición para fomentar o galego. Desviar unha parte importante da nosa responsabilidade á admnistración a través de situacións irritantes de prohibición non creo que sexa saudable para unha futura confirmación ou consumación da nosa lingua, que non ten que sobresair por unha victoria nunha batalla inútil con a lingua espanola (da que, quéirase ou non, é irmá). A lingua galega vai sobresair polas súas propias virtudes e o noso respeito por ela, e non por confrontacións. Na práctica, unha situación de equilibrio de linguas cooficiais non fai mais que ofrecer un marco de liberdade para a convivencia, e somos nós, unha vez xa beneficiados con ese marco (no que por razóns obvias o galego consume a maior parte dos recursos públicos, pois o espanol non precisa) somos nós os que optamos por comportarnos como adultos exercendo os nosos direitos e deberes sen chocar cos dos outros.
É por iso, porque a lingua e a cultura galega non é menor ou menos digna, que non precisa de ser imposta. É ese, penso eu, o verdadeiro ataque non só a nosa lingua, senón ao noso futuro como sociedade pacífica, libre e democrática. Tornar o idioma un factor ideolóxico e político (nunha situación en que ela mesma non é censurada) é o que desintegra artificialmente aos galegos, en lugar de integrarnos, e provoca mais perigos ao futuro non só da nosa lingua mais tamén do noso benestar social, a fin de contas, base para sustentar e solidificar a nosa cultura. Fai que cada día sexa mais difícil sair de casa sen correr o risco de confrontación ao manifestar as nosas opinións libremente. É o que fai que os galegos non se congreguem, senón que se atomizan por disputas alleas a eles. O galego, o ser humano en xeral, non pode ficar nesta situación de “monismo”, em que o pluralismo e a diversidade non existe, e a socialización está subordinada á propaganda ideolóxica.
O galego é galego, como xa comentei previamente, na Arxentina cando fala español, e non deixa de ser galego falando inglés en Londres. Os nacionalistas actuais, centrados no seu proxecto monista e intransixente, esquecen iso, se cadra porque a sua ansia provinciana foi maior que a sua necesidade de emigrar. A influencia nacionalista fai que pasemos mais tempo discutindo sobre a cultura e a lingua galega, e menos tempo disfrutando delas verdadeiramente, e da sua diversidade, que está dentro de todos, e digo todos, os galegos.
Apr 30, 2010
Ridículo espantoso en el Senado

Don José Manuel Pérez Bouza, como buen gallego (y nacionalista) que debe ser debería defender el interés de Galicia. El interés de Galicia, deberíamos decir, no existe. Es algo abstracto y de poco sirve para hacer políticas útiles. Sería más bien, el interés de los gallegos. El interés del gallego medio, podría ser el de un chaval en paro. O el de una mujer a la que le cuesta llegar a fin de mes. O el de un trabajador de los astilleros ferrolanos que vive con miedo y nervios una situación que el próximo mes se puede torcer aún más. A los gallegos que se preocupan y quieren trabajar, que me arriesgo a decir que son la mayoría, no les motiva de manera excesiva gastar un millón (o varios) de euros en intérpretes en la Cámara, obras para habilitar cabinas de interpretación, y en el tiempo y esfuerzo con el que se legisla y se da cuerpo a las regulaciones de un texto. Decía un politólogo famoso, creo que Bell, que en estos tiempos se legislaba mucho y mal. Es necesario, urgente con la situacion de crisis multi-sectorial de nuestro país que se legisle en cosas importantes, y bien. Porque legislar es carísimo y se pierde mucho dinero en regular hasta la forma en que respiramos. Se debe legislar pensando en el interés público, y no en el interés partidario. En nuestros países vecinos las campanhas electorales acaban después de los comicios. En Espanha, nunca acaban.
Senador Bouza, un uno por ciento de los presupuestos generales no es el uno por ciento del sueldo de un soldador, ni de un marinero. Demasiado tiempo en Madrid le ha desconectado de la realidad gallega y le ha dejado en la inopia madrilenha de cámaras altas, bajas y guateques llenos de estrellitas rojas. Aunque es bueno recordar, que el ideario nacionalista siempre estuvo muy alejado de la realidad. Su suenho hecho realidad es poco más que una pequenha pesadilla para la mayoría. Bouzas, por qué no reclama el dinero que va a ser invertido en esa ley inútil para algún pequenha o media empresa gallega? Para potenciar algún sector? Para los necesitados gallegos? Eso sí sería de agradecerle. Que un nacionalista se preocupase por los gallegos. No por los políticos nacionalistas gallegos en Madrid, que se deprimen por hablar espanhol en sus largas y duras sesiones de trabajo.
Los gallegos presumimos de ser emigrantes (no en Madrid, donde usted pace, supuestamente representando nuestros intereses, sino en otros países y continentes). Muchos nacionalistas se enorgullecen también de esa característica gallega, aunque tradicionalmente sean los menos dispuestos a emigrar (no podrían ejercer en otros lugares su vocación de reclamar). Mi tío nunca necesito un intéprete en Nueva York. Mis padres nunca lo precisaron en Londres. Y usted, mucho menos en Madrid. Por favor, senadores, hagan algo de trabajo útil. De esta forma, Bouzas, me parece que no merece ser pagado por los contribuyentes gallegos ( los cuales han hecho que su partido sea la fuerza más débil de Galicia).Un gallego sabe, sobre todo los emigrantes (mi tío me lo decía siempre), que 100 pesetas que se ahorran son 100 pesetas que se tienen, y el principio de cualquier riqueza. Imagínense un millón de euros que se ahorran.
