En política (e obviamente en democracia), a crítica libre é unha ferramenta fundamental para manter un certo control sobre o poder, minimizando as posibilidades do seu abuso por parte de quen con él lida diariamente. A crítica e a libre expresión son sobre todo unha peza chave nas máns da oposición, en primeiro lugar, e na comunicación social, en segundo. É así por ser estas dúas as que, por dedicarse á política full-time, contan con información privilexiada, que o eleitorado común (en terceiro lugar) ignora racionalmente por diversas circunstancias inevitables.
Infelizmente, a crítica tamén sofre abusos, sobre todo cando serve como arma hipócrita e demagoga, tanto a un executivo como a unha oposición. Aspirantes a concelleiros ou conselleiros, ou ás veces simplemente comentadores, costuman criticar decisións ou feitos políticos sen análizalos ou reflexionar sobre eles. Critícanse, básicamente, non por ser boas ou mediocres, senón por ser feitas por “estes” ou “aqueles”. Na feroz competencia política entre partidos no noso país non hai tempo nin disposición para un código moral estricto, onde a crítica sexa feita ás ideas inadecuadas para a cidadanía, e non ás persoas por chamarse Xoán ou Pedro –criticar as segundas requer menos traballo e costuma ser mais popular e efectivo nas urnas, ainda que menos fructífero nas obras.
No mesmo ámbito e tendo en mente un tema concreto, chámame a atención unha das críticas ao noso presidente Feijoó, crítica que ten atraído bastante forza nunha parte da opinión pública – e que me parece absurda. A afirmación que flutúa polo ambiente consiste en que Feijoó fai todo o que fai pensando en Madrid, noutras palabras, que Galicia é “unha ferramenta política para proxectar a sua imaxe en Madrid”. Como crítica, non me parece lóxica; como afirmación, diría que oxalá iso fose certo. Sendo que Feijoó traballou toda a súa vida na cousa pública, e muito tempo na política dentro do PP, con sede en Madrid, sería algo totalmente lexítimo que a súa progresión normal sexa esa. Ademais (lonxe de eu saber as intencións do señor Feijoó), creo que calquera de nós que teña un emprego no que hai posibilidades de progresar, tentaría cumprir o seu deber da mellor forma posible, ou sexa, dando o máximo. Un presidente autonómico que non fai os deberes, que non ten unha xestión eficiente, unha lideranza responsable, e un apoio popular sólido, podería pensar en Madrid para outras cousas, pero non certamente para liderar un partido a nivel nacional. O feito de que exista a posibilidade de un líder autonómico aspirar realmente a tornarse o líder nacional na próxima xeración contribúe positivamente a que este se esforce para facer as cousas na súa comunidade non só suficiente ben, senón mellor que ben. Outra cousa é que se consiga ou non, mais ainda así, esa crítica específica non ten razón de ser. Por outro lado, creo que as diverxencias entre Rajoy e Feijoó durante o caso das caixas permitiron ver e comprobar, a quen quixese velo, a autonomía deste último perante a sede da rúa Génova (non foi así co PSG-PSOE).
Quen non ten aspiracións ou obxectivos dese tipo, tal vez sexan os seis alcaldes “populares” na comunidade de Madrid, que, segundo El Mundo, reciben arredor de 100 mil euros brutos anuais. Vai ser que, finalmente, a austeridade de Feijoó sí teña algún valor.

No comments:
Post a Comment