Fidel voltou a vestir as súas camisas verde oliveira, iso sí, sen galóns, nestes días nos que empañóu coa súa pesada presenza as agridoces noticias que proviñan da maior illa caribeña.
Estraña (ou non tanto) coincidencia que despois das negociacións a tres bandas entre os gobernos cubano e español, e a Igrexa cubana, para a liberación dos presos políticos (que, de momento, pasaron a ser inmigrantes comúns), e cando se anunciaron grandes cambios debido á delicada situación económica, apareza Fidel avisando de que está perfectamente (e sen chándal). Os investimentos de capital estranxeiro, en resorts e campos de golf – que por outro lado, non son os primeiros – , e o aviso de que sobra polo menos un millón de funcionarios públicos (expresión canto menos peculiar no caso cubano), non deberon sentar nada ben ao “compañero Fidel”. E a volta a escena deste, non parece ter sentado ben ao seu compañeiro irmán.
Co seu discurso, cada vez mais gastado, non só pola sua idade, senón polo repetitivo uso deste, Fidel iluminounos con un libro novo – tradución chinesa da súa biografia a dúas voces – , e co anuncio do advento da terceira guerra mundial. Lóxico que despois da segunda, sexa a terceira a seguir. É evidente, o mundo muda a un ritmo rapidísimo. Pero a tozudez de Fidel impide que Cuba mude, e a maioría dos cubanos que queren mudanza (dame igual que sexan nove ou nove millóns mentres o medo á diferenza e a falta evidente de liberdades continúe a existir), seguen “bloqueados” nos nostálxicos sixties. A desculpa imperialista serve por un tempo, pero a súa data de caducidade chegou, e as políticas na saúde non solucionan esta problemática. Ninguén sabe ata que punto o bloqueo castrista ten peores consecuencias que o yanki, ou viceversa.
Porén, é ese bloqueio da illa no tempo, o peor de todos. O ver, de forma frustrante, que a vontade de mudanza nada muda, porque un poder, tamén ancorado no tempo, non permite o diferente. O contraste de opinións só pode ter lugar no triste, cincento e estreitísimo encadramento de “socialismo, patria o muerte”. E de pouco serve consolarse con que noutro país sexa muito mellor ou pouco mellor, se non se pode dicir en alto. A Revolución, que paradoxalmente non permite o cambio social no seu nome, deixou de ser o que o seu nome indica. Só existe a palabra, pois se tornou simplemente unha institución que hai algúns lustros secuestrou o tempo e o Estado, anulando as voces discordantes de moitísimos cubanos.
Baixo o lema de que a democracia socialista en Cuba é monopartidaria porque só existe un interés, un camiño (o de Cuba, cal vai ser?), a falacia castrista subsiste sen respeitar as liberdades individuais e o pluralismo. O que é peor, reducindo o interés de Cuba a un partido, profanan tal camiño, e confunden – ou pretenden confundir – , que o interés xeral dun país é o interés do Partido Comunista. Os seguidores do castrismo teñen tamén un grandísimo problema en diferenciar que a traición ao partido, non significa traición á patria , e que a fidelidade ao socialismo, non é o mesmo que o amor a Cuba. Estas confusións, ou ilusións provocadas, acontecen con frecuencia cando o movimento revolucionario se apropia sen límites de todos os instrumentos e estruturas do Estado. As “grandes” ideas son tratadas mellor que as propias persoas. E a Revolución, coma se estivese tamén en chándal, se acomoda neses lugares a vivir do conto que debía ser e nunca foi.

No comments:
Post a Comment