Aug 8, 2010

Touradas e touros

Non son un grande fan das touradas, pero creo que tenhen o seu aquel. Simplemente, non penso que sexa algo tan simple como unha tortura animal. A maior parte dos meus amigos está en contra delas, a pesar de que algún deles manifesta a súa opinión empachándose de churrasco. Discuto con eles, e na verdade non tenho muitos argumentos contra a súa opinión. Soamente creo que as corridas tenhen algo mais, ainda que non podo dicir o porqué, xa que pode soar a lingua poética ou metafísica pouco racional para os abolicionistas que só entenden de ciencia e razón (e porque o tema dos touros xa comeza a cheirar).
O que me pregunto, e que non sei ben ainda, é se a xente (os deputados creo que xa se sabe) acepta esta proposta do prohibición das corridas como unha actitude normal perante a violencia nas touradas (ou a tortura animal, como algúns din), ou se a prohibición responde á eliminación de símbolos espanhois na Catalunha. O certo é que as corridas tenhen tanta tradición na Catalunha – sendo o Monumental de Barcelona un clásico indiscutíble – como noutros muitos lugares na metade sur da península ibérica, incluindo Portugal (onde non matan o touro durante a corrida). E tamén foron cataláns (portando bandeiras catalanas), non foron nin madrilenos nin galegos, os que saíron coas súas bandeiras a manifestarse a favor da grande “arte” taurina na véspera da votación no Parlament. Non sei quen politizou mais, se os uns ou os outros. É lóxico que quen pensa que as touradas son unha tortura se aborreza con elas. Mais tamén é lóxico que quen viva delas, ou vexa nelas algo superior ou diferente ao maltrato, fique triste coa súa prohibición.
Unha cousa é certa, e non podo evitar dicila. Ninguén conhece mellor aos touros que as persoas que dedican a súa vida para preparalos (atrévome a dicir, con carino moi especial) para ese a e día de “festa e morte”. Para moitos, é difícil de ver e de entender este vínculo, e de propósito ou non, queren destruílo pola súá incomprensibilidade. Non só a prohibición acaba coa vida dos touros, senón coas perspectivas da xente que os cuida ata aquela data fatídica, que son as persoas que mellor os conhecen. Non podo evitarme preguntar que será de todos eles.
Nunca fun a unha praza de touros. E prefiro subir a laxa da Moa en Carnota que ir ver unha corrida de touros em Pontevedra – que por outro lado debería ver para opinar con mais rigor. Pero gústame a liberdade, e gústame tamén que as persoas sexan coherentes coas súas opinións: ninguén conhece e cuida mellor eses animais cornudos (os touros) que quen os prepara por anos. A maioría das galinhas non pasan mellor sorte durante as súas vidas.

No comments:

Post a Comment